lunes, 7 de junio de 2021

Recital de maio. Paquita Guerra

 

MILONGA DE AQUÍ

(Mentres quede corazón)


Con aire fresco de mar
curo feridas e loitos
que sexan poucas ou moitos 
é necesario sanar.

E vendo o mundo rodar
dando tumbos de vencido
dou por perdido o perdido 
e recollo o que quedou,
e co que me queda vou
seguindo o meu percorrido.

Para seguir camiñando
fago noite na esperanza,
apóiome nas lembranzas,
e aliméntome de sons,
e nútrome das cancións
que dan cor a esta existencia,
evitando a disidencia
dun obrigado vivir,
que me fan chorar e rir,
que me instalan na insurxencia.

E quero bailar ao ritmo
do que vive ilusionado,
e coa voz do silenciado
cantar quero con paixón,
coa querenza e coa emoción
da que non pretende nada
máis que seguir namorada
mentres quede corazón.

Aspiro a soñar esperta
para facer máis levadeiro
este treito traizoeiro
que garda unha fin incerta,
e cantar a gorxa abertam,
e deseñar utopías
para encher de luz os días
en que o sol non me sorrí,
en que non te teño a ti
para inspirarme melodías.

E así seguirei rimando
no medio do bombardeo,
emulando o canso reo
reconvertido en poeta
que ten o fóra por meta
e ten o dentro baleiro,
un ollar sempre tristeiro
e o pensamento no ar,
onde voa o meu cantar,
onde non hai carcereiro.

Invocando a redención
neste recuncho do mundo,
faise o meu cantar profundo
como a terra en ultramar,
coro faise o meu cantar
ao saberme secundada
aínda sendo abandeirada
dos que as levan de perder.
É por eles que hei morrer
sentíndome acompañada.

E na liberdade áurea
do melódico elemento
baila a risa co lamento,
e o cego co soñador,
o paria co gañador,
e o rebelde co castrado,
que, co sentir mutilado,
ignora aquilo que eu sei.
Por el é que eu berrarei
para velo liberado

Sés (Maria Xose Silvar Fernández)

Recita Paquita Guerra

MIRA EL VÍDEO

ESCUCHA AQU ÍLA CANCIÓN

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Dos poemas de LOS TULIPANES SON DEMASIADO ROJOS, de Teresa Gómez

EQUILIBRISTA   Porque una palabra es el sabor que nuestra lengua tiene de lo eterno, por eso hablo. ROSARIO CASTELLANOS   Si n...